Seleccionar página

O Colexio Guillelme Brown recibe a primeira distinción como Comedor Escolar KM 0 en Galicia

O Colexio Guillelme Brown recibe a primeira distinción como Comedor Escolar KM 0 en Galicia no marco do proxecto Comedores Responsables Km0

O Colexio Guillelme Brown, situado no Concello do Pereiro de Aguiar, acolleu este luns 24 de marzo o acto de entrega da distinción Comedor Escolar KM 0, no marco do proxecto Comedores Responsables KM 0”.

Este recoñecemento converte ao centro educativo no primeiro colexio participante no proxecto que cumpre cos requisitos establecidos para a obtención desta certificación, acreditando o seu compromiso coa incorporación de produtos locais, de tempada e de proximidade no servizo de comedor escolar.

Un modelo que conecta alimentación, territorio e educación.

O acto contou coa presenza de Manuel Seoane Rodríguez, presidente do GDR Adercou, así como de Xisela Delgado Caseiro, representante da Consellería de Sanidade; Xisela Mosquera, en representación do GDR Terras de Compostela, entidade coordinadora do proxecto; Beatriz Martínez Rodríguez, xerente do GDR Adercou e Gloria Rodríguez Outeiriño, en representación do Concello do Pereiro de Aguiar, entre outras persoas.

Durante a súa intervención, Manuel Seoane Rodríguez destacou o valor desta primeira certificación como exemplo para o conxunto do territorio:

Este recoñecemento é unha mostra clara de que é posible facer as cousas doutro xeito, apostando polo produto local, pola calidade e polo noso rural. O traballo do Colexio Guillelme Brown marca un camiño a seguir para moitos outros centros educativos de Galicia”.

Colexio Guillelme Brown

Un recoñecemento ao compromiso do centro

A distinción pon en valor o traballo desenvolvido polo centro no ámbito do aprovisionamento alimentario, apostando por unha rede de pequenos produtores e provedores galegos. Esta aposta contribúe a mellorar a calidade nutricional dos menús, ao tempo que reforza a sostibilidade do servizo de comedor, reducindo a pegada ambiental e apoiando a economía local.

Desde a organización do proxecto quíxose trasladar un agradecemento especial ao profesorado e ao persoal de cociña do centro, cuxo compromiso diario fai posible avanzar cara a un modelo de comedor máis responsable e consciente.

O proxectoComedores Responsables KM 0

Comedores Responsables KM 0 é un proxecto de cooperación impulsado por oito Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, coordinado polo GDR Terras de Compostela, que ten como obxectivo promover unha alimentación máis saudable, sostible e baseada en produtos de proximidade nos comedores de colectividades, especialmente nos centros educativos.

A iniciativa está financiada no marco do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e os GDR, dependentes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e desenvólvese ao longo das anualidades 2025, 2026 e 2027.

Entre os seus principais obxectivos atópanse:

  • Fortalecer as canles curtas de comercialización.
  • Apoiar aos produtores locais.
  • Impulsar o desenvolvemento económico do medio rural.
  • Favorecer a incorporación de produtos de proximidade nos comedores colectivos.
Colexio Guillelme Brown

Un paso adiante cara a un modelo máis sostible

A entrega desta primeira certificación supón un dos primeiros resultados visibles do proxecto, demostrando que é posible avanzar cara a un modelo de comedor escolar máis sustentable, que conecte o ámbito educativo co territorio e coa produción agroalimentaria local.

O acto serviu tamén para recoñecer o compromiso do centro educativo e dos provedores locais implicados, así como para poñer en valor o papel dos comedores escolares como espazos clave para promover hábitos alimentarios saudables e unha relación máis directa coa orixe dos alimentos.

Viaja tranquilo y asegurado por todo el mundo con HeyMondo, la compañía en la que confío para todas mis aventuras. No dejes que un imprevisto arruine tu viaje; con las mejores coberturas y precios económicos, estarás protegido en todo momento. Haz clic aquí para más información y llévate un 5% de descuento en tu seguro. ¡Explora y viaja sin preocupaciones!

Sobre el Autor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Hoteles

 

Seguros de viaje

Seguros de viaje

-5% descuentto eSIM

Visitas, tours y mucho más

Civitatis

Alquila tu coche

 

Apartamentos

 

Pin It on Pinterest

Share This