Seleccionar página

Comedores Responsables KM 0 impulsa a formación en residencias de maiores para unha alimentación saudable e sostible

Comedores Responsables KM 0 impulsa a formación en residencias de maiores para avanzar cara a un modelo de alimentación máis saudable e sostible

O proxecto, impulsado por oito Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, continúa acompañando a centros educativos, residencias e outras colectividades na adaptación aos novos retos da alimentación colectiva.

Comedores Responsables KM 0 consolídase como unha iniciativa de referencia en Galicia

O proxecto Comedores Responsables KM 0 continúa consolidándose como unha iniciativa de referencia en Galicia para promover unha alimentación máis saudable, sostible e de proximidade nas colectividades.

Durante os últimos meses desenvolvéronse accións formativas dirixidas tanto a centros educativos como a residencias de maiores e vivendas comunitarias, reforzando o acompañamento aos profesionais responsables dos servizos de comedor e á rede de provedores locais.

Comedores Responsables KM 0 cocinero

Desde o inicio do proxecto, 57 centros educativos, residencias, vivendas comunitarias e un servizo de cátering, xunto con máis de 110 profesionais e empresas do tecido produtivo, participaron nas distintas accións desenvolvidas nos oito Grupos de Desenvolvemento Rural participantes.

Unha cifra que pon de manifesto o crecente interese por avanzar cara a un modelo alimentario que combine saúde, sustentabilidade e apoio á produción local.

A alimentación das persoas maiores, un reto de presente e de futuro

A alimentación nos centros residenciais constitúe un dos factores máis importantes para preservar a saúde, a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores.

Neste contexto, incorporar alimentos frescos, de tempada e de proximidade, adaptados ás necesidades nutricionais de cada persoa, representa un dos grandes desafíos actuais dos servizos de restauración colectiva.

Con este obxectivo, Comedores Responsables KM 0 desenvolveu formacións específicas en diferentes residencias galegas, achegando ferramentas prácticas para facilitar a adaptación dos centros a un modelo alimentario máis responsable.

Comedores Responsables KM 0 Galicia

Nesta primeira fase, o proxecto traballou con sete centros de atención a persoas maiores, distribuídos en seis concellos galegos das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra.

En conxunto, estes concellos suman unha poboación de referencia de máis de 232.000 habitantes, o que permitiu achegar a iniciativa a realidades territoriais diversas, tanto urbanas como rurais.

A actuación desenvolveuse en centros con diferentes dimensións e modelos de atención, cunha capacidade potencial conxunta de máis de 350 prazas residenciais, reforzando así o alcance social da primeira fase e a súa capacidade para testar o proxecto en contextos variados.

Durante estas sesións abordáronse cuestións relacionadas con:

  • Nutrición.
  • Abastecemento de proximidade.
  • Seguridade alimentaria.
  • Planificación dos menús.
  • Incorporación do produto local.

Todo isto ofrecendo solucións adaptadas á realidade dos centros e favorecendo o intercambio de experiencias entre os profesionais participantes.

Formación para anticiparse á nova normativa

O proxecto cobra especial relevancia no actual contexto lexislativo.

Nova normativa para os comedores escolares

No ámbito educativo, o Real Decreto 315/2025, do 15 de abril, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 16 de abril de 2025, establece os criterios mínimos de calidade nutricional e sustentabilidade que deberán cumprir os comedores escolares a partir do 16 de abril de 2026.

Entre outras medidas, a norma promove:

  • Maior presenza de alimentos frescos, de tempada e de proximidade.
  • Fomento do consumo de produtos ecolóxicos.
  • Limitación dos alimentos ultraprocesados.
  • Redución do desperdicio alimentario.
Nova normativa para os comedores escolares

Cara a unha normativa para hospitais e residencias

Ao mesmo tempo, o Goberno de España está a traballar nunha normativa específica para trasladar estes mesmos principios aos servizos de alimentación de hospitais, residencias de maiores e outros centros que atenden persoas dependentes ou con necesidades especiais.

Esta futura regulación, que segue a liña xa iniciada coa normativa de comedores escolares e que actualmente conta cun texto en fase de proxecto, prevé introducir novos criterios de alimentación saudable, sostible e de calidade tamén no ámbito sociosanitario.

Por iso, resulta especialmente importante que estes centros dispoñan xa de formación e asesoramento que lles permita anticiparse e prepararse para os cambios que marcarán o futuro da alimentación colectiva.

Neste escenario, Comedores Responsables KM 0 ofrece acompañamento técnico, formación especializada e materiais prácticos que facilitan a adaptación progresiva dos centros ás novas esixencias normativas.

«Os comedores colectivos son moito máis que un servizo de restauración. Son espazos onde tamén se coida da saúde das persoas, se educa en hábitos alimentarios saudables e se apoia ao territorio. O noso obxectivo é acompañar ás colectividades para que dispoñan das ferramentas necesarias para afrontar este cambio con garantías, reforzando ao mesmo tempo o papel dos produtores locais e da economía rural», destacan desde a coordinación do proxecto.

Alimentación, territorio e desenvolvemento rural

Ademais de mellorar a calidade dos menús servidos nas colectividades, o proxecto favorece a creación de novas relacións entre produtores locais, empresas agroalimentarias, centros educativos, residencias e administracións públicas, fortalecendo as canles curtas de comercialización e xerando novas oportunidades para o medio rural galego.

As accións formativas tamén permitiron compartir experiencias, identificar necesidades comúns e establecer novas vías de colaboración entre os distintos axentes implicados, consolidando unha rede de traballo que seguirá medrando ao longo do desenvolvemento do proxecto.

cocinero KM 0 galicia

Un proxecto de cooperación presente en oito territorios

Comedores Responsables KM 0 está coordinado polo GDR Terras de Compostela e impulsado por oito Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e os GDR.

Grupos de Desenvolvemento Rural participantes

  • GDR-04 ADR Comarca de Lugo
  • GDR-05 Asociación Miño-Ulla
  • GDR-08 ADR Sil-Bibei-Navea
  • GDR-11 ADR Comarca de Ourense (Adercou)
  • GDR-16 ADR Terras de Pontevedra Norte
  • GDR-19 Asociación Terras de Compostela
  • GDR-21 Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (Asdecomor)
  • GDR-22 GDR Costa da Morte

En conxunto, estes oito Grupos de Desenvolvemento Rural agrupan 86 concellos e preto de 710.000 habitantes, impulsando unha rede de cooperación que aposta por unha alimentación colectiva máis saudable, sostible e comprometida co territorio.

Un modelo alimentario que conecta saúde, sustentabilidade e territorio

Coa incorporación das residencias de maiores ás accións formativas, Comedores Responsables KM 0 continúa consolidándose como un proxecto de referencia en Galicia para impulsar un modelo alimentario que conecta saúde, sustentabilidade e desenvolvemento rural, creando pontes entre produtores, colectividades e administracións públicas en beneficio das persoas e do territorio.

Sobre el Autor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Hoteles

 

Seguros de viaje

Seguros de viaje

-5% descuentto eSIM

Visitas, tours y mucho más

Civitatis

Alquila tu coche

 

Apartamentos

 

Pin It on Pinterest

Share This